18112019Lun
Última edición: Lun, 18 Nov 2019 12pm

Representantes da CIG-Mar denunciaron este xoves ás portas dos Xulgados de Vigo, onde se celebrou unha concentración solidaria, a criminalización dos mariñeiros do sector do cerco “por loitar polo seu futuro”. A central rexeita a condena de seis meses de cadea imposta a cada un dos 16 traballadores acusados de desordes públicos durante as protestas celebradas na cidade en 2014 para reivindicar un reparto xusto da cota da xarda.

O sector do cerco en Galicia está en plenas protestas tras o recorte no reparto das cotas e xa levan máis dun mes de acampadas. 

navidad

vigo