20082019Mar
Última edición: Lun, 19 Ago 2019 7pm

O grupo municipal Marea de Vigo vén de reclamar a creación dunha comisión cidadá para o seguimento dos traballos do Plan Xeral de Ordenación Municipal.  Rubén Pérez alertou en rolda de prensa de que hai moita desinformación e de que “moitos veciños están a preguntar que é o que se está aprobando”.

Marea de Vigo-Son En Común volverá ás mesas de contratación, segundo infomou hoxe. Porén, segue a cualificar a contratación pública do concello de Vigo como "opaca" e considera que se ten que constituír con urxencia a comisión de pleno de vixilancia da contratación pública , "comisión reiteradamente solicitada na pasada lexislatura, segundo o Regulamento Orgánico do pleno e xamais convocada" indica Rubén Pérez, voceiro do grupo municipal.

O Concello de Vigo ten previsto destinar ás festas de verán da cidade unha contía dun millón de euros que inicialmente íase dedicar a pagar a Ryanair por continuar ofrecendo os seus servizos no aeroporto de Peinador. Co gallo da modificación orzamentaria que será necesario aprobar, o grupo municipal da Marea de Vigo pediu este xoves que se aproveiten eses cartos para contratar bandas locais.

O voceiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, comunicou este venres a través dun escrito dirixido ao alcalde, a constitución do grupo municipal do Bloque no Concello de Vigo, do que será o seu único membro e portavoz. Segundo argumenta, a decisión está fundamentada legalmente ao abeiro do artigo 73.3 da Lei de Bases de Réxime Local, que “polo principio de xerarquía normativa prevalece sobre o previsto no Regulamento Orgánico do Pleno do propio Concello”.

En una situación atípica, por la escasez de número y por la presencia de muchas caras nuevas –sólo Rubén Pérez repite-, la oposición lanzó sus propuestas para el nuevo mandato que se abrió este sábado con la constitución de la Corporación Municipal. El ahora portavoz del PP de Vigo, Alfonso Marnotes, que cambió el registro de Elena Muñoz al expresarse en gallego, anunció un “trabajo al servicio de Vigo” con el objetivo de “poner soluciones a los problemas” de la gente.

sucesos

tráfico

tecnología

rutas