19012020Dom
Última edición: Dom, 19 Ene 2020 10am

O Concello de Mos organiza unha viaxe a Aveiro para persoas maiores de 65 anos ou pensionistas maiores de 55. Durante a excursión visitaranse as Bodegas Caves da Aliança, o Museo Underground Aliança, o Centro de Aveiro e Costa Nova. Terá lugar o domingo 24 de novembro e o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o día 15 deste mes.

Máis de 170 persoas maiores da provincia participarán ao longo da semana que vén no programa “Depotermal” da Deputación de Pontevedra, que promove o envellecemento activo e a mellora da calidade de vida das persoas de idade.

O concello de Salvaterra de Miño organiza un curso para ensinar o manexo dos teléfonos modernos, debido a que veciños do municipio teñen problemas para entendelos e sacarlle o máximo proveito. 

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, mantivo este mércores un encontro co alcalde de Mondariz-Balnerario para axilizar a tramitación da modificación puntual do Proxecto de ordenación do medio rural que pretende ampliar de educativo a asistencial os usos permitidos nas instalacións da antiga escola fogar.

O Goberno local de Mondariz de AporM-PSOE e COGAMI, empresa que xestiona o Centro de Día de Mondariz, veñen de poñer en marcha un programa de actividades, específicamente dirixidas aos maiores de 55 anos, que baixo o nome de “Mond'activate”, ten como obxectivo manter en forma a mente e o corpo e, dese xeito, conseguir que os e as participantes poidan gozar dunha maior calidade de vida.

vigo

aeropuerto

vigo