25052019Sáb
Última edición: Sáb, 25 May 2019 9am

A totalidade do cadro de persoal de Maderas Iglesias, empresa dedicada á fabricación de tarima flotante con sede no Porriño, secundou o paro de dúas hora convocado polo comité de empresa para rexeitar o noveno ERE en nove anos, que vén de anunciar a dirección.

O comité de empresa de Maderas Iglesias, compañía do Porriño dedicada á fabricación de tarima flotante, vén de convocar mobilizacións para rexeitar o novo ERE suspensivo anunciado pola dirección. A primeira terá lugar este venres día 25, xornada na que se desenvolverá un paro de 13:00 a 15:00 horas e unha concentración diante das instalacións da firma.

O persoal de Maderas Iglesias decidiu este mércores en votación suspender a folga indefinida iniciada o pasado 28 de agosto tras conseguiren un acordo que axiliza o pago dos salarios adebedados, alén de desbloquear a negociación do convenio. Desde o comité de empresa amosan unha satisfacción contida, advertindo á empresa de que calquera incumprimento suporá a reactivación do paro.

A folga indefinida en Maderas Iglesias, que este mércores cumpre 16 días, continuará ao non aceptar o cadro de persoal os compromisos adquiridos pola patronal coa mediación do Consello Galego de Relacións Laborais. A proposta, que contemplaba un calendario de pagamentos dos salarios adebedados e dos atrasos, requiría a suspensión dunha folga que se prolongará debido á desconfianza xerada tras anos de incumprimentos.

O comité da empresa de Madeiras Iglesias rexeitou este luns tanto o contido das declaracións como as “malas formas” do conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, que esta fin de semana instou aos traballadores a través dos medios de comunicación a depoñer a folga indefinida. O persoal entende que tenta “botar balóns fóra” culpabilizando o persoal da situación e reiteran a solicitude dunha xuntanza despois de nove meses de incomparecencia.

vigo

televisión

obras

vigo en festas