22112019Vie
Última edición: Vie, 22 Nov 2019 7pm

O Concello de Nigrán, a Comunidade de Montes de Chandebrito e a Asociación de Veciños 'O Castro' decidiron modificar os actos previstos polo 'II Aniversario dos Incendios' do 15 de outubro de 2017 en Camos e Chandebrito ante o prognóstico de fortes choivas para o domingo pola mañá.

O programa municipal Camiño a Camiño organiza nesta segunda semana de outubro a II Andaina pola Rexeneración dos Montes de Vigo, que se desenvolverá o domingo día 13 con motivo do segundo aniversario dos devastadores lumes de 2017. A Concellería de Medio Ambiente, xunto con Montes de Vigo, propón esta actividade que servirá para coñecer de preto como se atopan na actualidade os montes queimados en Valladares, Matamá, Comesaña e Coruxo. Tamén se dará a coñecer que actuacións se teñen levado a cabo e o que está previsto a futuro, tendo en conta que calquera actuación de rexeneración require bastante tempo.

A Consellería do Medio Rural deu este martes o primeiro paso para crear na contorna da cidade de Vigo un “bosque periurbano modelo que sexa exemplo para outras zonas” e do que poidan gozar os veciños e veciñas desta comarca. Esta primeira fase consiste na rexeneración de catro montes da mancomunidade de Vigo afectados pola vaga de lumes de 2017 e nos que a Xunta de Galicia investirá preto de 1,3 millóns de euros.

Cen días pasaron dende o lanzamento do LUME-1 ao espazo dende Siberia o 27 de decembro. Neste tempo, o picosatélite da Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo orbitou 1.560 veces sobre a Terra, 396 delas aproximadamente sobre Vigo, das cales a metade foron polo día.

O Concello das Neves conmemorará o vindeiro luns, día 15, o primeiro aniversario da vaga de lumes que o 15 de outubro de 2017 arrasou máis de 4.000 hectáreas, queimou preto de 30 casas e acabou con empresas do sector primario que daban emprego a ducias de veciñas e veciños.

gastronomía

ocio

navidad