13122019Vie
Última edición: Jue, 12 Dic 2019 9pm

O Concello de Mos organiza, dentro do programa Fórmate con Mos, un curso de Lingua de Signos (A1 e A2) que se impartirá o vindeiro mes de outubro.

O Concello de Redondela porá en marcha nos vindeiros días a segunda edición dos seus cursos gratuítos de lingua de signos, dirixidos tantos a nenos como adultos. As formacións serán impartidas por distintos profesionais da Organización de Discapacidade Sensorial de Galicia e teñen por obxectivo achegar a práctica desta lingua á poboación.

A Arribada fala para todos

Publicado en Baiona
27 Febrero 2019

Baiona ofrecerá este ano por primeira vez na súa historia a representación teatral ‘Arribada do Descubrimento’ interpretada en lingua de signos. A escenificación terá lugar o sábado 2 de marzo (20.30 horas) e o domingo 3 de marzo (18:00 horas) na praia Ribeira, e nesta ocasión, as persoas xordas poderán gozar plenamente desta obra.

O Concello de Mos organiza un curso lingua de signos incluído dentro do programa ‘Fórmate con Mos’. O prazo de inscrición atópase xa aberto, polo que os interesados en participar poden inscribirse ata o 3 de abril na páxina web do Concello (apartado de Participación Cidadá), ou presencial mente no Rexistro Municipal ou nas oficinas da OMIX.

O BNG vén de defender no Parlamento Galego, a través da deputada nacionalista Olalla Rodil, unha iniciativa dirixida a dotar pola vía de urxencia ao CEIP Escultor Acuña de Vigo de profesorado especialista en lingua de signos. Esta petición está dirixida a dar continuidade ao proxecto de integración e innovación que viña funcionando dende o curso 2012-13, así como para poder impartir a materia de libre configuración de lingua de signos. A iniciativa foi rexeitada en comisión parlamentar polo Partido Popular, malia contar co apoio do resto de grupos da cámara.

medio ambiente

accidente laboral

navidad