16112019Sáb
Última edición: Sáb, 16 Nov 2019 8pm

O grupo municipal da Marea de Vigo denunciou este luns, tras o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que o Goberno local apenas gastou o presuposto desde ano destinado a igualdade e loita contra a violencia machista, dado que a execución orzamentaria levada a cabo nesta área é “baixísima”.

As campañas de concienciación promovidas pola Deputación de Pontevedra nos festivais Rías Baixas (#RíasBaixasFests) acumulan xa unha participación por enriba das 10.000 persoas. Rematados os catro primeiros eventos -Portámerica, Atlántic Fest, Vive Nigrán e SinSal- estase a percibir unha boa acollida das campaña de sostibilidade ‘Somos historias, somos sostibles’, e das campañas de igualdade ‘Conta comigo. Eu respéctote’ e ‘Lembra, eu decido, ti respecta’.

A Deputación de Pontevedra, no marco das accións da campaña de Igualdade que está a estender durante este verán con motivo dos #RíasBaixasFests, entre os que se atopa o Vive Nigrán, convocou no concello do Val Miñor unha reunión informativa na que se presentaron as campañas #Lembraeudecidotirespectas e #Contacomigoeurespectote.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto á deputada de Igualdade, Isaura Abelarias, e ás artistas creadoras da mostra, Isabel Blanco e Irene Silva, presentaron este xoves a exposición ‘Rompe. Xoga en igualdade’, unha mostra que utiliza a famosa boneca Barbie para denunciar a desigualdade entre mulleres e homes. A iniciativa, que abre este mércores 7 de marzo no Pazo Provincial, forma parte da programación impulsada pola institución con motivo do Día Internacional da Muller que comezará este venres coa celebración do encontro ‘Mulleres columnistas. As mulleres que opinan son perigosas’.

O Pleno da Deputación de Pontevedra aprobou este venres por unanimidade o primeiro regulamento de linguaxe inclusiva da institución provincial.

navidad

vigo