18062019Mar
Última edición: Lun, 17 Jun 2019 9pm

O Castelo de Soutomaior acolleu este mércores a xornada ‘Muller e Poder’, que encheu de igualdade a fortaleza da man da Escola María Vinyals. Foi un encontro no que participaron diferentes personalidades e que serviu para confirmar a esta escola como un lugar “para reflectir, para formarnos e para que entendamos que o feminismo é a filosofía máis potente nunca creada, baseada nun mundo de igualdade onde todos e todas tiñamos o que nos corresponde”, en palabras da presidenta da Deputación, Carmela Silva, que clausurou os actos con estas verbas.

O Pazo de Vilavella de Redondela encheuse este xoves no acto de presentación do libro ‘Oito olladas sobre a folga feminista do 8 de marzo’, impulsado pola Deputación de Pontevedra e editado por Galaxia, ao que asistiron a presidenta da institución provincial, Carmela Silva, acompañada de deputadas e deputados, a coordinadora do libro, a escritora Inma López Silva, e cinco das súas autoras: a xornalista Susana Pedreira, a fotógrafa e profesora Ana Fresco, a funcionaria Sarai González, a matrona Susana Iglesias e a estudante Sandra Núñez.

Por cuarto ano consecutivo a Deputación de Pontevedra vai impulsar desde esta ponte de decembro e ata o Nadal a campaña para a promoción da adquisición e uso de xogos e xoguetes igualitarios. Co nome de ‘Xogar sen fendas’, desta volta a campaña pretende rachar cos estereotipos vixentes no eido das ciencias, centrando a súa imaxe en nenas que xogan con foguetes, con coches e robots, que mesmo tocan a lúa e traballan con átomos e fórmulas matemáticas.

O grupo municipal da Marea de Vigo denunciou este luns, tras o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que o Goberno local apenas gastou o presuposto desde ano destinado a igualdade e loita contra a violencia machista, dado que a execución orzamentaria levada a cabo nesta área é “baixísima”.

As campañas de concienciación promovidas pola Deputación de Pontevedra nos festivais Rías Baixas (#RíasBaixasFests) acumulan xa unha participación por enriba das 10.000 persoas. Rematados os catro primeiros eventos -Portámerica, Atlántic Fest, Vive Nigrán e SinSal- estase a percibir unha boa acollida das campaña de sostibilidade ‘Somos historias, somos sostibles’, e das campañas de igualdade ‘Conta comigo. Eu respéctote’ e ‘Lembra, eu decido, ti respecta’.

festival

solidaridad

sucesos

nuevo gobierno