Segundo comentou a súa familia, Ignacia ten moi boa saúde, aínda que o pasado mes tivo un pequeno susto. Malia uns problemas de mobilidade, Ignacia e os seus seres queridos agardan celebrar os seus 110 anos o ano que vén. Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística, Ignacia é a terceira persoa máis vella da comunidade.
A representación municipal entregoulle unha placa conmemorativa, así como un ramo de flores e unha tarta, e desexaron poder volver visitala para darlle os parabéns nos próximos anos.