17012019Jue
Última edición: Mié, 16 Ene 2019 9pm

A Deputación de Pontevedra esgotou en menos de tres horas as 25 prazas dispoñibles para a primeira ruta ornitolóxica de balde do programa ‘Voando nas Rías Baixas’, que percorrerá o Esteiro do Río Miño e a Foz da Ramallosa o vindeiro 20 de xaneiro.

A Deputación de Pontevedra volve organizar, en colaboración con SEO Birdlife, as rutas ‘Voando nas Rías Baixas’, que achegarán un ano máis de xeito totalmente gratuíto ao público a riqueza ornitolóxica da provincia. Como novidade, dado o éxito da primeira edición, que esgotou as prazas en canto se abría o prazo de inscrición, este ano auméntase a oferta.

As 30 prazas dispoñibles para a segunda ruta ornitolóxica da campaña ‘Voando nas Rías Baixas’, que terá lugar o vindeiro 4 de febreiro e que percorrerá o esteiro do Río Miño e a foz da Ramallosa, esgotáronse en menos de 24 horas desde a apertura do prazo de inscrición. O percorrido organizado pola Deputación de Pontevedra en colaboración con Seo Birdlife ten previsto coñecer de primeira man dúas zonas cunha grande variedade de hábitats. Así, os grupos de saída teñen unha cota máxima para evitar na medida do posible a saturación e minimizar o impacto ambiental nestes lugares protexidos.
O esteiro do Río Miño e a foz da Ramallosa son zonas especiais de conservación e zonas de especial protección para as aves e nelas acóllense milleiros de aves de invernada ou que empregan o espazo no seu tránsito cara o Sur.
Así pois, os interesados en participar no programa terán que agardar ata a vindeira actividade, que visitará as Brañas de Xestoso o vindeiro mes de maio. A campaña forma parte das actuacións enmarcadas no Plan Estratéxico de Turismo, presentado hai unhas semanas, xa que se trata dunha oportunidade de diversificar o turismo na provincia de Pontevedra ao tempo que se sensibiliza á cidadanía local sobre a necesidade de preservar estes espazos protexidos.

O esteiro do río Miño e a foz da Ramallosa serán os protagonistas da segunda ruta ornitolóxica da campaña ‘Voando nas Rías Baixas’, un programa de percorridos guiados organizado pola Deputación de Pontevedra en colaboración coa ONG Seo Birdlife. Esta nova iniciativa terá lugar o vindeiro domingo 4 de febreiro e a inscrición, que é de balde, quedou aberta este mesmo martes.

marítima

vigo

emprego

deporte

sanidad