19022019Mar
Última edición: Mar, 19 Feb 2019 4pm

Desde este luns os Puntos de Atención Continuada (PAC) inician unha folga indefinida ao non frutificar os “múltiples intentos de diálogo” entre os sindicatos e o Servizo Galego de Saúde (Sergas). Un paro que se suma ás dúas folgas parciais que xa se fixeron “sen ningún achegamento por parte da administración” e que chega tras a recente manifestación que tivo lugar en Vigo, con máis de 35.000 persoas saíndo á rúa.

O persoal de Maderas Iglesias decidiu este mércores en votación suspender a folga indefinida iniciada o pasado 28 de agosto tras conseguiren un acordo que axiliza o pago dos salarios adebedados, alén de desbloquear a negociación do convenio. Desde o comité de empresa amosan unha satisfacción contida, advertindo á empresa de que calquera incumprimento suporá a reactivación do paro.

A folga indefinida en Maderas Iglesias, que este mércores cumpre 16 días, continuará ao non aceptar o cadro de persoal os compromisos adquiridos pola patronal coa mediación do Consello Galego de Relacións Laborais. A proposta, que contemplaba un calendario de pagamentos dos salarios adebedados e dos atrasos, requiría a suspensión dunha folga que se prolongará debido á desconfianza xerada tras anos de incumprimentos.

O comité da empresa de Madeiras Iglesias rexeitou este luns tanto o contido das declaracións como as “malas formas” do conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, que esta fin de semana instou aos traballadores a través dos medios de comunicación a depoñer a folga indefinida. O persoal entende que tenta “botar balóns fóra” culpabilizando o persoal da situación e reiteran a solicitude dunha xuntanza despois de nove meses de incomparecencia.

O persoal de Maderas Iglesias mantén paralizada desde primeiras horas deste martes 28 de agosto a actividade da planta do Porriño en rexeitamento aos constantes atrasos e incumprimentos no pago de salarios. Denuncian que a empresa está a eludir “de xeito continuado” desde hai catro anos o pagamento ordinario dos soldos, debendo a día de hoxe as nóminas e máis a extra correspondentes a xullo do ano vixente, alén da paga extra de nadal de 2017.

sucesos

música

conferencia

transporte

'phising'