23082019Vie
Última edición: Vie, 23 Ago 2019 6pm

A Deputación de Pontevedra, presidida pola viguesa Carmela Silva, que ademais estivo presente na concentración do mediodía na rúa Príncipe, leu publicamente este venres o seu manifesto co gallo do 8-M. Nel, o organismo provincial, que nos últimos anos vén abandeirando a causa feminista, chamou a reivindicar o peso da muller na sociedade.

A moitos homes non lles queda claro cal é o seu papel no 8 de marzo. Principalmente, hai concentracións, manifestacións e folga. Todas as persoas, sen importar o xénero están chamadas a participar nas mobilizacións pero o paro é exclusivo das mulleres. E non se trata unicamente dunha folga laboral ou estudantil, que tamén. É unha xornada na que elas tampouco se farán cargo de coidados nin gastarán consumindo.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, presentou este xoves a programación impulsada pola institución ao abeiro do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, que arranca xa na provincia de Pontevedra. Neste eido Silva destacou que “o 8 de marzo non pode rematar o 8 de marzo e por iso nós impulsamos unha programación que estende a igualdade todo o ano”.

O Pleno debatiu este mércores a moción presentada por Marea, apoiada polo grupo socialista e na que o PP se abstivo. Así, o Concello amosa o seu apoio á folga feminista e ás accións convocadas co mesmo fin, "chamando á veciñanza á participación".

transporte

navidad 2019

mar

celta

patrimonio de la humanidad