19102019Sáb
Última edición: Vie, 18 Oct 2019 8pm

A 16ª edición do Festival de Cans comeza este mércores centrando a programación da primeira xornada na veciñanza, nunha mestura que combina o agroglamour coas últimas novidades culturais e cinematográficas. Neste primeiro día poderase ver no Baixo de Bugarín o documental Gallo dirixido por Antonio Díaz-Huerta, unha peza que conta a historia de Aitor Francesena ‘Gallo’, campión do mundo de surf adaptado en 2016 e que vén de pasar pola sección Zinemira no Festival de Cine de San Sebastián. A entrada será libre ata completar aforo.

O Festival de Cans, que se celebrará do 22 ao 25 de maio, inicia esta fin de semana na Sala Ingrávida as proxeccións da que será a primeira retrospectiva internacional da historia do certame dedicada ao director alemán Hannes Stöhr. Este cineasta naceu en Stuttgart en 1970, formouse na Deutsche Film-und Fernsehakademie de Berlín e na actualidade exerce de profesor de dirección e guión na Universidade de Stuttgart.

A Casa do Cid acolleu a presentación da programación completa do Festival de Cans, cando quedan menos de 15 días para que arrinque esta XVI edición. Este martes desvelouse unha das novas máis destacadas do programa: a visita do cineasta Rodrigo Sorogoyen, que participará no Coloquio no Espazo Estrella Galicia da Leira de Alicia.

O Festival de Cans, que se celebrará do 22 ao 25 de maio, presentou este xoves un avance de dous dos concertos fortes da súa programación. Unha das novidades importantes deste ano é a remodelación do espazo da Leira da Señora Alicia. Alí terá lugar o venres 24 de maio ás 20.30 horas a actuación de Marlango.

O Festival de Cans acolle por segundo ano dentro da súa sección oficial o bloque de FuraCans, a competición de non-ficción que se consolida nesta 16ª edición. Neste espazo, no que se poderá ver unha panorámica xeral do que están a realizar parte das xeracións máis novas do cinema galego, atoparanse obras actuais e arriscadas que exploran diferentes variantes do documental e do cinema experimental e que van á procura dunha mirada propia e persoal.

sucesos

economía

economía