23082019Vie
Última edición: Vie, 23 Ago 2019 8pm

O Festival de Cans bate un ano máis o seu récord de curtas inscritas, pois recibiu na súa convocatoria para as seccións oficiais a concurso un total de 235 producións galegas, o que supón case un 10% de incremento con respecto á edición anterior, na que chegaran 215 traballos. Divididas por categorías recibíronse un total de 147 curtametraxes de ficción e non ficción, 15 de animación e 75 videoclips.

O Festival de Cans abre desde este martes 10 de xaneiro, a súa convocatoria de curtametraxes e videoclips a concurso para a súa XIV edición, que está previsto que se celebre entre o 24 e o 27 de maio de 2017.

O Festival de Cans reuniu este xoves aos veciños e veciñas de Cans que colaboran co Festival para facer un brinde nestas datas de Nadal, agradecerlles a súa colaboración e facerlles entrega de cestas cedidas pola empresa Gadis, patrocinadora do Festival de Cans.

O Festival de Cans xa ten o seu libro. Desde esta semana está nas librerías “Cans”, o novo libro do escritor Carlos Meixide, que conta na súa trama central a historia dun grupo de rapaces que deciden rodar unha curtametraxe durante o Festival de Cans.

A última edición do Festival de Cans xerou un importante impacto económico na súa contorna grazas ao seu empeño en fomentar unha economía de quilómetro cero, que aposta pola contratación local, a busca de empresas provedoras no Porriño e a súa comarca e a promoción do consumo en negocios locais.

sucesos

navidad 2019

transporte

celta

patrimonio de la humanidad