25082019Dom
Última edición: Dom, 25 Ago 2019 7pm

O Festival de Cans chega nesta 14ª edición reforzando eixos fundamenteis da súa programación ao potenciar a liña dos coloquios e encontros e abríndose a outras discilplinas como a gastronomía, as artes plásticas ou a literatura, que confluirán na parroquia porriñense dende o 24 ao 27 de maio.

O Festival de Cans acollerá a estrea mundial de "A historia dun satélite", unha longametraxe dirixida polas irmás Sonia e Miriam Albert-Sobrino, coñecidas como as Also Sisters. Trátase do filme debut destas irmás xemelgas, filmado na Universidade de Utah -na que agora son docentes- e asesorado por Sterling Van Wagenen, cofundador do Festival de Sundance.

Por segundo ano consecutivo, a Leira de Alicia acollerá o Espazo Mahou, promovido por un dos principais patrocinadores do Festival e concibido como un punto de encontro multidisciplinar entre profesionais do sector e o público, no que todas as persoas asistentes ao Festival de Cans poderán gozar de diversas actividades relacionadas co cinema e a música.

O Festival de Cans trata de volver á normalidade despois da convulsión que supuxo a noticia da decisión da Agadic de deixalo fóra das axudas, xunto con outros catro festivais de cinema, entre os que se atopan algúns dos máis relevantes de Galicia. O Festival segue reordenando a súa programación e intentando facer unha proposta o máis digna posible.

O Festival de Cans quedará este ano por vez primeira nos seus catorce anos de historia fóra das axudas que otorga a Xunta de Galicia. A AGADIC, organismo que concede as axudas, comunicou “verbalmente” á dirección Festival que o motivo foi un “defecto de forma” na entrega da documentación. Ademais do Festival de Cans, nunha decisión sen precedentes, a Xunta deixa fóra das axudas a outros catro festivais: Curtocircuito e Cineuropa de Santiago, Freakemacine de A Coruña e Primavera do Cine de Vigo, a todos eles alegando o mesmo “defecto de forma” na entrega da documentación.

sucesos

transporte

celta

sucesos

patrimonio de la humanidad