14102019Lun
Última edición: Lun, 14 Oct 2019 6pm

O Festival de Cans estará presente de xeito moi activo no Culturgal, a feira das industrias culturais que terá lugar no Pazo de Congresos de Pontevedra desde este venres 1 ata o domingo 3 de decembro. Será o segundo ano consecutivo no que o festival estea presente cun stand no gran encontro das industrias culturais de Galicia a través de varias accións que o Festival de Cans desenvolverá durante os días da feira ou nas que estará presente.

O Festival de Cans conmemora este domingo os 15 anos da catástrofe do petroleiro ‘Prestige’ nas costas galegas coa proxección do documental ‘Mar de fondo’, dirixido por Daniel Guzmán, coñecido actor e cineasta que conseguiu dous premios Goya co seu primeiro filme ‘A cambio de nada’. O visionado terá lugar ás 19.00 horas na Sala Ingrávida do Porriño.

O XIV Festival de Cans congregou ao longo dos seus catro días de duración a unhas 13.000 persoas que esgotaron todas as sesións con entradas á venda, segundo o balance feito este martes pola organización, que cualificou esta edición como a “máis exitosa”.

O xurado dos videoclips da décima edición do Festival de Cans, formado por Manu Viqueira, Marta Gómez, Marta Larralde e Judas Diz, acordou, despois do visionado dos videoclips a concurso e a deliberación, outorgar o Premio do Xurado dos Videoclips ao video do tema "Mi Re La" de Oh! Ayatollah, dirixido por Xaime e Antón Miranda, por conseguir transmitir o espírito da canción.

A XIV edición do Festival de Cans comeza este mércoles praa converter, dende o 24 ao 27 de maio, a parroquia porriñesa no epicentro do noso audiovisual. Serán catro días de celebración arredor da música e o cine nunha das edicións do certame con máis carga social e máis multidisciplinar na súa programación, que este ano reforza as actividades adicadas á literatura ou á gastronomía.

vigo

economía

economía