19102019Sáb
Última edición: Vie, 18 Oct 2019 8pm

A Asociación Arela decidiu concederlle nesta edición o Premio Pedigree 2018, o seu máximo galardón honorífico, á produtora Chelo Loureiro, unha muller cun papel imprescindible na construción do audiovisual galego nas últimas dúas décadas. Loureiro é unha das produtoras máis recoñecidas e máis audaces, mais tamén unha persoa moi implicada socialmente na loita polo recoñecemento das mulleres dentro do eido audiovisual.

Depedro será un dos pratos fortes da programación do Festival de Cans deste ano. O artista ofrecerá un concerto o venres 25 de maio (21.00 horas) na Leira de Alicia, un dos espazos máis emblemáticos do certame, onde non faltará a presenza icónica da súa propietaria, a señora Alicia, a avoa do evento.

O Festival de Cans, que se celebrará entre os próximos 23 e 26 de maio, contará nesta edición con varias presenzas internacionais a través da súa sección ExtraCans, que se redefine para ser un espazo no que se buscará a conexión de creadores e creadoras galegos con directores e directoras doutros países.

O Festival de Cans bate un ano máis o seu récord de curtas inscritas, pois recibiu na súa convocatoria para as seccións oficiais a concurso un total de 252 producións galegas, o que supón máis dun 7% de incremento con respecto á edición anterior, na que chegaran 235 traballos. Cabe destacar que esta é a cifra de pezas audiovisuais que cumplen os requisitos necesarios para poder ser valoradas á hora de formar parte das categorías a concurso, xa que de ter en conta todo o material recibido, a cifra sería superior ás 300 obras.

O Festival de Cans, que terá lugar entre o 23 e 26 de maio, impulsará nesta XV edición un concurso de ‘book trailers’ e ‘book tubers’, que terá como obxectivo estimular a lectura en galego e a creación audiovisual entre persoas de todas as idades, pero sobre todo entre as máis novas e os máis novos. Estas pequenas pezas creativas, que consisten en resumir en poucos minutos de imaxes o contido dun libro, están a medrar cada vez máis na rede, ata o punto de que comeza a haber concursos específicos en festivais, dedicados a esta modalidade.

sucesos

economía

economía