14102019Lun
Última edición: Lun, 14 Oct 2019 2pm

Este domingo, 3 de xuño ás 20h00, o público terá a última oportunidade de ver as curtas gañadoras na XV edición do Festival de Cans na Sala Ingrávida do Porriño.

O Festival de Cans entregou a noite do sábado, na gala final do seu día grande, os premios correspondentes á súa 15ª edición.

A programación de Cans para este venres vén cargada de momentos emocionantes, incluíndo o que é probablemente o máis emotivo do festival: a Noite das Homenaxes. A produtora Chelo Loureiro colocará a súa estrela no Torreiro e recibirá o Premio Pedigree'18, máximo galardón do certame, en recoñecemento á súa aposta polos novos talentos, o seu traballo continuo no desenvolvemento do cinema de animación e a súa loita pola visibilidade das mulleres no audiovisual.

A XV edición do Festival de Cans comeza este mércores mantendo o seu espírito de sempre, ese ‘agroglamour’ que xunta o achegamento ás últimas novidades culturais e cinematográficas e a celebración da identidade da aldea. Así, no seu primeiro día o certame acollerá a proxección de ‘Versogramas’, un documental sobre o fenómeno da videopoesía dirixido por Belén Montero e Juan Lesta, que presentarán o filme xunto con Antón Reixa e a poeta e produtora Celia Parra.

A Casa do Cid, espazo emblemático do Festival de Cans, acolleu este mércores a presentación do 15º Festival de Cans, na que se desvelou o programa ao completo, coas destacadas incorporacións dos cineastas Fernando Trueba e Gracia Querejeta, que participarán dos Coloquios no Espazo Mahou da Leira de Alicia, e de Triángulo de Amor Bizarro na parte musical, entre moitos outros nomes e actividades que se suman ás xa anunciadas para esta edición.

vigo

economía

economía