19082019Lun
Última edición: Lun, 19 Ago 2019 9am

O Festival de Cans, que se celebrará do 22 ao 25 de maio nesta parroquia do Porriño, dará comezo nesta edición coa proxección da versión cinematográfica de ‘Eroski Paraíso’, dirixida por Jorge Coira e Xesús Ron. Despois de tres anos de xira a obra teatral da compañía Chévere máis aclamada polo público transfórmase neste filme que se proxectará en Cans o vindeiro xoves 23 de maio.

A Asociación Arela, organizadora do Festival de Cans, decidiu concederlle nesta edición o Premio Pedigree 2019, o seu máximo galardón honorífico, ao actor Carlos Blanco, "pola súa traxectoria de case tres décadas no mundo da interpretación, e pola súa disposición sempre para traballar con creadores e creadoras novos e, sobre todo, con curtametraxistas".

O intenso traballo do Festival de Cans nas últimas edicións foi recoñecido este ano co Premio da Cultura Galega que outorga a Xunta de Galicia e que, este venres 11 de xaneiro, o certame recollerá nun acto institucional no mosteiro de Montederramo (Ribeira Sacra) da man do presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo. Ademais, tamén está prevista a asistencia de numerosas personalidades da vida cultural e política da rexión.

En Cans xa se traballa para a XVI edición do Festival, que este ano se celebrará entre o mércores 22 e o sábado 25 de maio. A partir deste martes, o evento abre o período de recepción de obras para os seus recoñecidos concursos de curtametraxes (ficción, animación, non ficción) e  de videoclips, aínda que tamén estará aberto a recibir longametraxes ou outro tipo de obras para formar parte da programación do resto de seccións.

As curtametraxes gañadoras da XV edición do Festival de Cans proxectaranse este xoves 9 de agosto na localidade portuguesa de Caminha. A sesión terá lugar no marco da VII edición do ciclo ‘Cinema+Perto’, organizado polo prestixioso cineclube Locus Amoenus da localidade lusa. As proxeccións desenvolveranse no fermoso Teatro Valadares, a partir das 21.30 horas portuguesas e a entrada será de balde ata completar o aforo.

Encuesta

¿Cuál ha sido el concierto de Castrelos que más te ha gustado?

Ms Lauryn Hill - 2%
Leiva - 9.9%
Tom Jones - 8.4%
Fangoria - 2%
Rick Astley - 5.8%
Roger Hodgson - 5.3%
30 Seconds to Mars - 26.6%
Vetusta Morla - 26.4%
David Bisbal - 11.7%
La votacion ya ha finalizado en: Agosto 19, 2019

rutas

el vigo de otra época

  • El Tranvía a Baiona y Gondomar
    El Tranvía a Baiona y Gondomar En los años 20 del siglo pasado Vigo ya disponía de un magnífico servicio de cercanías gracias al ferrocarril de vía estrecha que nos acercaba a O Porriño por un lado y a Gondomar y Baiona por otro. Desgraciadamente por…
    Leer más...

el vigo de otra época

rutas