22072019Lun
Última edición: Lun, 22 Jul 2019 2pm

O Festival de Cans bateu na súa décimo sexta edición un novo e histórico récord de asistencia de público chegando ás 15.000 persoas durante os seus catro días de duración. Animado polo bo tempo que houbo na fin de semana, o público, diverso e interxeracional como en edicións anteriores, esgotou todas as sesións con entradas á venda, tanto das seccións a concurso como das actividades e das sesións paralelas.

O Festival de Cans entregou na gala final do seu día grande os premios correspondentes á súa 16ª edición. A curta The Widow, de Noelia Muíño, acadou tres dos galardóns: mellor guión, mellor realización e mellor dirección de fotografía para Asia Khmelova. Limbo, de Dani Viqueira, acadou dous dos premios: mellor curtametraxe de imaxe real e mellor banda sonora orixinal para Germán Díaz.

O director Rodrigo Sorogoyen subíase este sábado ao escenario Estrella Galicia na Leira de Alicia para o coloquio acompañado polo actor Luís Zahera e Alfonso Pato, director do Festival de Cans.

O Festival de Cans acolle este xoves como filme de apertura a pre-estrea de Eroski Paraíso e a proxección de Global Player, a película que completa a primeira retrospectiva internacional do certame dedicada ao director alemán Hannes Stöhr.

A 16ª edición do Festival de Cans comeza este mércores centrando a programación da primeira xornada na veciñanza, nunha mestura que combina o agroglamour coas últimas novidades culturais e cinematográficas. Neste primeiro día poderase ver no Baixo de Bugarín o documental Gallo dirixido por Antonio Díaz-Huerta, unha peza que conta a historia de Aitor Francesena ‘Gallo’, campión do mundo de surf adaptado en 2016 e que vén de pasar pola sección Zinemira no Festival de Cine de San Sebastián. A entrada será libre ata completar aforo.

vigo en festas 2019

vigo