09122019Lun
Última edición: Lun, 09 Dic 2019 8pm

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, colocaron este luns a primeira pedra da humanización da estrada provincial, enmarcada no convenio de colaboración entre a institución provincial e o Concello. Esta actuación, que conta cun investimento total de case tres millóns de euros, dos que a Deputación achega o 60%, vai ter lugar nun tramo da EP-2002 de preto dun quilómetro entre a Gran Vía e Arquitecto Antonio Palacios.

O Concello de Vigo aprobará este xoves a clasificación de ofertas -antiga adxudicación provisional- para contratar as obras de humanización de Emilia Pardo Bazan, a coñecida como Estrada Provincial, un proxecto ao que optan 24 empresas e que conta cunha licitación de case 2,9 millóns de euros, froito da colaboración do Concello de Vigo e da Deputación de Pontevedra

O Concello de Vigo aprobou este mércores na Xunta de Goberno Local o convenio coa Deputación de Pontevedra relativo ao proxecto de humanización da rúa Emilia Pardo Bazán –coñecida como Estrada Provincial- no treito que discorre entre a Gran Vía e a avenida Arquitecto Palacios. O importe da actuación ascende a 2,8 millóns de euros.

O Concello de Vigo deu luz verde á contratación da redacción do proxecto de humanización de Emilio Pardo Bazán, coñecida como Estrada Provincial, no tramo que transcorre entre Gran Vía e Arquitecto Palacios, que conta con sinalización amarela dende hai semanas. A partir deste momento, o concesionaria ten tres meses de prazo para redactar o proxecto e a partir de aí proceder á licitación e arrancar os traballos de mellora.

medio ambiente

tráfico

espectáculos