24032019Dom
Última edición: Dom, 24 Mar 2019 12pm

A Deputación de Pontevedra volve organizar, en colaboración con SEO Birdlife, as rutas ‘Voando nas Rías Baixas’, que achegarán un ano máis de xeito totalmente gratuíto ao público a riqueza ornitolóxica da provincia. Como novidade, dado o éxito da primeira edición, que esgotou as prazas en canto se abría o prazo de inscrición, este ano auméntase a oferta.

O esteiro do río Miño e a foz da Ramallosa serán os protagonistas da segunda ruta ornitolóxica da campaña ‘Voando nas Rías Baixas’, un programa de percorridos guiados organizado pola Deputación de Pontevedra en colaboración coa ONG Seo Birdlife. Esta nova iniciativa terá lugar o vindeiro domingo 4 de febreiro e a inscrición, que é de balde, quedou aberta este mesmo martes.

medio ambiente

sanidad

música