21102019Lun
Última edición: Lun, 21 Oct 2019 10pm

O Concello de Nigrán percibirá 5.177,57 euros a través dunha subvención da Deputación de Pontevedra para adquirir equipamentos deportivos para as instalacións municipais.

Medio centenar de socios do colectivo veciñal A Pena do Equilibrio de Arcos (Ponteareas) participa este domingo nunha das excursións do programa ‘Coñece a túa provincia’, unha iniciativa da Deputación de Pontevedra que pon ao alcance das entidades sociais a descuberta de paraxes turísticas próximas, ao tempo que promove a convivencia e o asociacionismo.

O novo goberno da Deputación de Pontevedra ven de editar unha guía para "a compra de xogos e xoguetes non sexistas e non violentos coa finalidade de crear unha sociedade máis igualitaria e xusta” nas festas de Nadal.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou este mércores que Baiona recibirá un total de 876.386 euros non ano 2016 dentro das axudas á financiamento do Plan Concellos da institución provincial.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, expresou este sábado a súa consternación e dor pola barbarie dos atentados sufridos na cidade de París na noite do venres.

sucesos

economía

economía