15112019Vie
Última edición: Vie, 15 Nov 2019 6pm

O concello de Salceda de Caselas acollerá este domingo a cuarta proba das “DepoRutas BTT” da Deputación de Pontevedra, na que están inscritas máis de 150 persoas. Deste xeito, ás 10:30 horas comezará un percorrido circular de 38 quilómetros por diferentes sendeiros da vila.

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar na DepoRuta BTT de Cangas que organiza a Deputación de Pontevedra por terceiro ano consecutivo. Deste xeito, as persoas interesadas en participar nesta actividade, que terá lugar o 27 de outubro, deberán ter un mínimo de 16 anos e poderán facelo, de maneira totalmente gratuíta, a través da web www.depo.gal ata o vindeiro 23 de outubro.

Vigo acollerá este domingo á segunda das ‘Deporuta BTT’ deste ano, que se celebrará nos montes da cidade, coas súas 300 prazas esgotadas. A actividade, cunha distancia de 40 quilómetros e que se iniciará no parque forestal de O Vixiador, percorrerá gran parte da parroquia viguesa de Candeán, pasando por outras como Cabral, Lavadores ou Teis.

vigo

tecnología

navidad