22092019Dom
Última edición: Sáb, 21 Sep 2019 9pm

Iria Campos e David Castro convertéronse nos primeiros gañadores dunha proba do Depo Desafío 2019 despois de cruzar a meta en primeiro lugar na etapa BTT que acolleu este domingo 9 de xuño o concello das Neves. En categoría feminina foi Iria Campos a primeira clasificada, cun tempo dunha hora e 50 minutos. En segundo lugar chegou Andrea Simón (terceira na clasificación xeral de 2018) e en terceiro, Cristina Fernández.

A Deputación de Pontevedra pon en marcha de novo o DepoDesafío cun formato no que se volverán a combinar varias disciplinas como a carreira a pé, o ciclismo BTT, a travesía a nado, o trail ou o tríatlon. Esta segunda edición terá cinco probas, a primeira en maio e a última en outubro.

A primeira edición do DepoDesafío chega ao seu fin este domingo en Samil coa realización dun tríatlon en distancia sprint: 750 metros a nado, 20 quilómetros en bicicleta e 5 quilómetros de carreira a pé. A proba, na que se inscribiron 170 persoas, será a quinta da competición e dilucidará o vencedor e a vencedora, que recibirán como premio dorsal, voo e aloxamento para a maratón de Berlín.

A Deputación de Pontevedra organiza este domingo a terceira proba do programa ‘Depo Desafío 2018’. Trátase dun trail polo concello da Cañiza cun percorrido duns quince quilómetros no que se alcanzarán as cimas de montes con espectaculares vistas e se superarán multitude de obstáculos, o que fai desta proba unha experiencia única e inigualable.

movilidad

navidad

navidad 2019