24032019Dom
Última edición: Sáb, 23 Mar 2019 10pm

A terceira edición do festival Vive Nigrán, que se celebrará no antigo campo de fútbol de Lourido os próximos 19 e 20 de xullo, contará no seu cartel con Delafé. O dúo de Barcelona achegaralle ao público a súa música sobre o Escenario Mahou nunha ‘Sesión Mediodía Cañero’. Deste xeito, Delafé ofrecerá nesta edición un concerto con algunhas das súas cancións máis emblemáticas e outras do seu último disco, do que xa se puideron escoitar adiantos: ‘La gran ola’ e ‘Menos cabeza, más corazón’. Con estes temas amosan o seu novo son máis electrónico.

medio ambiente

sanidad

música

vigo