07122019Sáb
Última edición: Vie, 06 Dic 2019 10pm

Unha das cousas que máis chamou a atención de Fran Beltrán á súa chegada a Vigo foi a súa implicación coa cultura local y, máis concretamente, co galego. Desde o principio, o xogador, nacido en Madrid e afincado en Seseña (Toledo), amosou o seu interese por coñecer a lingua e expresarse nela. Ata o punto de estudiala activamente.

Antón Fraguas Fraguas é o protagonista do Día das Letras Galegas deste ano 2019. Porén, moita xente descoñece os méritos do galardoado e convén resaltalos. Antón Fraguas dedicouse aos estudos de historia e xeografía, que recollen máis de trescentos libros e traballos. Defendeu o idioma galego e destacou cos seus estudos antropolóxicos.

Anaír Rodríguez redactará o bando do Día das Letras Galegas, texto ao que dará lectura o próximo venres ás 12.00 horas na Praza da Constitución, onde o Concello celebra o tradicional acto pola festividade do 17 de maio, este ano en homenaxe ao historiador e xeógrafo Antón Fraguas.

A exposición ‘María Victoria Moreno. Paisaxes e personaxes’, mostra central das Letras Galegas 2018, promovida pola Consellería de Cultura e Educación, exhíbese na Delegación da Xunta de Galicia en Vigo ata o vindeiro 11 de xullo. O proxecto expositivo, coordinado polo humorista gráfico, pintor e ilustrador David Pintor, afonda no universo literario de María Victoria Moreno a través de ilustracións realizadas sobre oito obras da autora. 

A Deputación de Pontevedra amosou este martes a súa satisfacción polos datos de turismo acadados na pasada ponte das Letras Galegas que ascenden, na provincia de Pontevedra, ao 65%. Os hoteis das Rías Baixas acadaron durante a pasada fin de semana resultados practicamente similares aos obtidos durante a Semana Santa, cando a porcentaxe se situou por riba do 68%.

medio ambiente

navidad