17082019Sáb
Última edición: Jue, 15 Ago 2019 7pm

Os cativos de Vigo terán a oportunidade de gozar coas historias da canaria Laura Escuela e do xaponés Yoshi Hioki os días 14 e 16 de marzo, respectivamente. Ambos os dous narradores actuarán na Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel dentro da programación da sétima edición do Festival Atlántica. A entrada é con invitación gratuíta, que xa é posible retirar na propia biblioteca.

Co lema ‘Contos de medo’, Libros Para Soñar vén de retomar a súa programación de actividades de animación á lectura, tras a paréntese estival. En vésperas do Samaín, este venres volveron os contacontos cun repertorio formado por obras como ‘Gato Guille e os monstros’ de Rocío Martínez, o clásico ‘Rufus, o morcego que adoraba as cores’ de Tomi Ungerer e ‘Un dous tres, vampiro ti es’ de Nadia Budde. Aqueles que se perderon este primeira sesión especial poderán resarcirse o vindeiro venres 26 de outubro (18.30 horas) coa actividade ‘Contos terroríficos’.

Continúan os Contos do Nadal en Detrás do Marco para os máis pequenos da casa. O lunes 28 de decembro será o turno do contacontos "O misterio de Nadal".

“Onde está o poliño de Rosalía?”, de Pat Hutchins, e as adaptacións dos contos tradicionais “O
poliño da abeleira”, de Antonio Rubio e Gabriel Pacheco, e “A galiña roxa”, de Pilar Martínez e Marco
Somà, centran o repertorio da sesión de contacontos que se celebra este venres, a partir das
18:30 horas en Libros para soñar (Triunfo, 1).

Intensa fin de semana de actividades en Detrás do Marco (Londres s/n) cun espectáculo de regueifas e rap o venres 4 de setembro e un contacontos con Brais das Hortas, o sábado 5 de setembro. Da tradición galega á cultura urbana máis actual, ademais dos contos de sempre sobre “os arredores de Vigo”.

Encuesta

¿Cuál ha sido el concierto de Castrelos que más te ha gustado?

celta

el vigo de otra época

  • El Tranvía a Baiona y Gondomar
    El Tranvía a Baiona y Gondomar En los años 20 del siglo pasado Vigo ya disponía de un magnífico servicio de cercanías gracias al ferrocarril de vía estrecha que nos acercaba a O Porriño por un lado y a Gondomar y Baiona por otro. Desgraciadamente por…
    Leer más...

rutas