14122019Sáb
Última edición: Vie, 13 Dic 2019 8pm

‘O rescate de Xosé’, un  thriller ecolóxico escrito por Rodrigo Buján Fernández, de 11 anos, foi o gañador nesta edición do concurso de relatos Xosé Carlos Gómez Alfaro. O certame literario que puxo en marcha fai catro anos a Organización de Palangreiros Guardeses, en colaboración coa Editorial Galaxia, segue cumprindo o seu obxectivo de promocionar a literatura galega e o mundo da pesca, así como de iniciar aos máis pequenos no mundo das letras.

O café de Catro a Catro acolleu onte a terceira semifinal do concurso MicroCatrorelatos, que nunha reñida e emocionante eliminatoria elixiu como finalistas os orixinais “Bullying”, de Alejandro Vaghetti, e “Dous xastres”, de Pociñas Domar. Estes autores participarán na final do mes de maio, xunto aos dous escollidos na semifinal de febreiro, “A veciña do 5ºB” e “Fada de terra”, e os dous de xaneiro, “Nunca antes vira o mar” e “As balas de koch”.

A Editorial Elvira presentou este martes a cuarta edición do Certame de relatos Vigo Histórico, con algunhas novidades con respecto aos anos anteriores.

O alcalde apunta que co festival Vigo quere "manter a tradición" das rondallas, que poñen en valor o folclore tradicional. Organizado e financiado polo Concello coa cooperación da Deputación, comeza este domingo ás 17:00 horas, coa presenza de conxuntos de Vigo, Mos, Porriño, Nigrán e Gondomar.

Un ano máis o café De Catro a Catro –en colaboración coas editoriais Galaxia, Xerais, Elvira e a asociación cultural 4 Patacos- convoca o concurso de relatos curtos “Microcatrorelatos”, que no 2017 acadará a quinta edición. En opinión da escritora e integrante do xurado Clara do Roxo esta nova edición do concurso amosa “a clara aposta do Café Catro a Catro pola cultura en lingua galega”.

medio ambiente

marítima

navidad