26042019Vie
Última edición: Jue, 25 Abr 2019 7pm

O Concello de Ponteareas entregou un lote de libros e cómics ao centro de saúde da vila para a sala de espera da área de Pediatría, de tal xeito que os pacientes máis cativos, así como os preadolescentes usuarios deste servizo, poidan desfrutar da lectura ao tempo que esperan a ser atendidos.

“Movendo as neuronas” é o título do proxecto comunitario de investigación do centro de saúde do Val Miñor que ven de recibir un premio nacional da REAP, Rede Nacional de Atención Primaria -Asociación científica que ten por obxectivo principal promover e desenvolver a investigación e a formación no primeiro nivel asistencial-.

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, publica este xoves a adxudicación da construción do novo centro de saúde de Salceda de Caselas por un importe de 1.679.168 euros. A empresa adxudicataria do concurso público foi Construciones Iglesias Mera S.L, e ten un prazo máximo de execución de 15 meses.

A Xunta asegurou este luns nunha nota de prensa que o Sergas incluíu nas súas previsións orzamentarias o novo centro de saúde de Bouzas, do que xa remitira o proxecto básico da construción ao Concello de Vigo.

O Centro de Saúde de Coruxo contará, a partir do día 22 deste mes, cun pediatra para a atención da poboación infantil da parroquia. Esta circunstancia prodúcese con motivo da reordenación dos profesionais de Atención Primaria, como consecuencia da resolución do concurso de traslados que está a realizar o Servizo Galego de Saúde (Sergas) durante estes días en toda Galicia.

sucesos

fiesta

patrimonio

gastronomía