07122019Sáb
Última edición: Vie, 06 Dic 2019 10pm

CCOO volveu denunciar este mércores a “falta de seguridade” que están a padecer os traballadores do Punto de Atención Continuada (PAC) de Vigo no desenvolvemento da súa actividade diaria. Segundo informaron, na última noite repetiuse a situación cunha nova agresión a un profesional por parte dun usuario.

O sindicato Comisiones Obreras denunciou este xoves que unha traballadora do Punto de Atención Continuada (PAC) da rúa Pizarro foi agredida o pasado sábado, un feito que ademais lle obrigou a pedir unha baixa laboral por lesións. A vítima, que exerce como celadora, sufriu tamén a rotura das súas lentes.

O sindicato Comisiones Obreras asegurou este mércores que a apertura de tarde do centro de saúde de Navia, a partir do vindeiro 6 de novembro, non incluirá o servizo de Pediatría, o que consideran “lamentable” porque deste xeito o Sergas “non poderá dar atención aos numerosos nenos desta barriada”.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, amosou ao sindicato Comisiones Obreras (CC OO) a súa "conformidade total” coa idea de converter o antigo Hospital Cíes nun centro de día con cen prazas porque, segundo apuntou, hai poucas prazas na cidade para persoas maiores, o sitio é "espléndido" ao estar nun lugar de fácil acceso, supón darlle utilidade social a un edificio sen uso e sen custo para o público e desde xeito "salvagardamos unha das grandes pezas da arquitectura de Vigo".

medio ambiente

navidad