17092019Mar
Última edición: Lun, 16 Sep 2019 11pm

Os castelos de Soutomaior e de Sobroso poñen en marcha unha nova quenda de visitas teatralizadas. Nesta ocasión serán as personaxes da bufona Burlona, Teresa de Távora e a pantasma Sancha as que permitirán afondar na historia destes dous recintos históricos “de maneira interactiva, innovadora, divertida e estimulante”, segundo explicou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou en rolda de prensa do inicio das obras de reforma do Castelo de Sobroso, que comezarán no vindeiro mes de febreiro. Tal e como explicou Silva, levaranse a cabo dúas actuacións. Por unha banda, rehabilitarase a antiga cafetería para convertela nun espazo de usos múltiples. Por outra, impulsarase a creación dun “Xardín do Corpus” que estará situado na entrada principal do castelo.

Este domingo terá lugar a terceira das ‘DepoAndainas’ da Deputación de Pontevedra, na que 300 persoas percorrerán 14 quilómetros pola comarca do Condado, sendo o punto de partida a casa do concello de Mondariz. A elevada demanda fixo que as 300 prazas ofertadas se completasen en 24 horas.

O Castelo de Sobroso acolle entre este venres e mañá sábado as últimas visitas teatralizadas postas en marcha pola Deputación de Pontevedra dentro da súa estratexia para poñer en valor esta fortaleza.

As visitas teatralizadas ao Castelo de Sobroso comezan este sábado ás 11.30 horas co primeiro grupo de visitantes, visitas que continuarán á xornada seguinte, o domingo 17, e os vindeiros días 29 e 30 de xuño. Non queda unha soa praza dispoñible para ningunha delas, xa que se esgotaron o pasado martes ás dúas horas de abrir o prazo de inscricións.

movilidad

tráfico

semana europea de la movilidad