23102019Mié
Última edición: Mié, 23 Oct 2019 12pm

As campañas de concienciación e as accións de voluntariado ambiental desenvolvidas na presente década nas Cíes contribuíron a reducir nun 85% o número de cabichas depositadas nos principais areais da illa. Así, se nos anos 2010-12 se recollían máis de 50.000 cabichas nas praias de Rodas, Figueiras e Nosa Señora, o ano pasado a cifra descendeu ata as 7.500.

O Concello de Nigrán está a instalar en Praia América, Patos, A Madorra e Area Fofa ‘recolle-cabichas’ artesanais feitos con material de refugallo por nenos que asisten aos obradoiros infantís do mercadillo de Praia América, estando os primeiros xa colocados na area, ao carón deste lugar. Ademais, dez unidades foron encargados ao Centro Juan María emprego e estarán xa listas esta semana.

sucesos

economía