20082019Mar
Última edición: Lun, 19 Ago 2019 7pm

‘Auga seca’ comeza coa morte de Paulo Duarte no porto industrial de Vigo. Un aparente suicidio que non convence aos seus xefes, nin á policía, nin á súa irmá Teresa, que se muda de Lisboa a Vigo e empeza a traballar na empresa onde estaba Paulo, co obxectivo de descubrir o que pasou. Esta produción de seis capítulos de 50 minutos, da que acaban de publicarse as primeiras imaxes da súa rodaxe,  corre a cargo de Portocabo -responsable de series como ‘Luci’, ‘Vidago Palace’ ou a recente ‘Hierro’ producida para Movistar+, ARTE e  Atlantique  Productions- e contará coa colaboración dá empresa lisboeta SPi.

O Real Club Náutico de Vigo foi este luns o escenario da presentación da serie galego-portuguesa Auga seca, que está a iniciar na comarca viguesa unha rodaxe que se estenderá tamén a Lisboa.

sucesos

tráfico

tecnología

rutas