18112019Lun
Última edición: Lun, 18 Nov 2019 9am

Centos de persoas, entre as que figuraron estudantes de varios centros educativos da cidade, así como usuarios e usuarias de colectivos sociais, participaron este mércores na andaina organizada pola Deputación de Pontevedra en Vigo para conmemorar o Día Mundial das Cidades, baixo o lema “Mellor cidade, mellor vida. Solucións innovadoras e unha mellor vida para as futuras xeracións”.

A Deputación de Pontevedra celebrará este mércores, 13 de novembro, unha andaina en Vigo para sumarse por vez primeira á conmemoración do Día Mundial das Cidades, que a ONU promove cada 31 de outubro desde o ano 2013 e que este ano ten como lema “Mellor cidade, mellor vida. Solucións innovadoras e unha mellor vida para as futuras xeracións”.

Ante o mal prognóstico meteorolóxico previsto para este mércores, a Deputación de Pontevedra decidiu adiar a andaina organizada en Vigo co gallo do Día Mundial das Cidades para este 30 de outubro. A ruta celebrarase previsiblemente o mércores 6 de novembro se as condicións meteorolóxicas o permiten.

Cunha andaina que percorrerá o centro da cidade, Vigo será protagonista da acción que a Deputación de Pontevedra organizou para o próximo mércores, 30 de outubro, coincidindo coa celebración do Día Mundial das Cidades. É a primeira vez que a institución provincial se une a esta iniciativa que a ONU conmemora dende o 2013 e que este ano leva por lema “Mellor cidade, mellor vida. Solucións innovadoras e unha mellor vida para as futuras xeracións”.

Chega outubro e, con el, regresan as actividades de Camiño a Camiño. A primera andaina desta nova tempada terá lugar o domingo e consiste na clásica travesía entre o Monte Galiñeiro e o Monte Aloia. O prazo de preinscrición – a través do 010 ou do 986 810 260- remata este mércores día 2 para as persoas censadas en Vigo. O resto poderá anotarse o xoves día 3.

navidad

vigo