18102019Vie
Última edición: Vie, 18 Oct 2019 8pm

Traballadores e delegados da FGAMT-CIG do transporte sanitario mobilizáronse este xoves diante da vivenda do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, en Baiona, para reclamarlle a súa intervención no conflito laboral aberto tras a ruptura das negociacións do convenio colectivo. Dende a central adiantaron esta mesma semana que barallan a convocatoria dunha folga no sector das ambulancias no caso de que a patronal non abandone a súa proposta de aplicar rebaixas salariais do 6-7% e sociais de arredor do 3%.

A manifestación convocada este xoves en Vigo pola CIG para esixir que a Xunta se implique no conflito do sector das ambulancias logrou reunir centos de traballadores, tanto do sector como do ámbito das urxencias e emerxencias. Demandan a negociación dun convenio “digno” fronte as “propostas regresivas” da patronal e lembran que “foi o propio goberno autonómico o causante da situación ao outorgar concesións á baixa”.

As augas baixan revoltas na sanidade galega. O persoal de enfermería do hospital Álvaro Cunqueiro, máis concretamente os Técnicos de Coidados Auxiliares de Enfermería (TCAE) veñen de anunciar que irán á folga durante catro días este mes de xuño por mor do conflito que manteñen coa dirección do centro a raíz da recollida de bolsas de roupa sucia. A decisión, con todo, é reversible se chega un entendemento coa dirección.

Tres ambulancias de la empresa Ambuibérica, concesionaria del servicio de emergencias del 061 en Vigo, pasaron la noche de este domingo en las dependencias de la Comisaría de López Mora para evitar sabotajes durante el conflicto laboral con los trabajadores.

A CIG anunciou este mércores a súa intención de propoñer a convocatoria de folga no transporte sanitario, tanto do 061 como o non urxente, no caso de que a Xunta continúe sen intervir no conflito laboral aberto para reclamar a negociación do convenio colectivo e rexeitar as pretensións das patronais do sector de aplicar descolgues.

sucesos

economía

economía