14102019Lun
Última edición: Lun, 14 Oct 2019 7pm

Abel Caballero decidiu que o alumeado de Nadal da cidade olívica estivera acendido ata este domingo, 13 de xaneiro, pero na mesma comarca de Vigo hai quen mellorou a súa aposta e prolongára a decoración navideña ata fin de mes.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva deu a coñecer este venres os datos relativos á ocupación hoteleira do pasado mes de decembro e das datas máis sinaladas do Nadal. En concreto, a provincia de Pontevedra rexistrou unha ocupación media en establecementos hoteleiros do 39% de media fronte ao 29% do ano 2017 producíndose, así, un incremento de dez puntos con respecto ao ano anterior.

O Concello de Mos abrirá a súa programación de Nadal co acto oficial de acendido do alumeado que se celebrará o vindeiro domingo, 10 de decembro, a partir das 17.00 horas no contorno do Pazo de Mos, onde haberá instalada unha gran carpa e contarase coa presenza dos Minions, que farán as delicias dos máis pequenos.

O persoal da UTE Luze Vigo, concesionaria do servizo de mantemento das instalacións de alumeado público, túneles, pasos inferiores, fontes e estanques do Concello, decidiu convocar folga indefinida despois de que a empresa modificase as súas condicións laborais no que respecta ao horario da xornada de traballo.

Marea de Vigo valorou este venres o aforro de 200.000 euros no novo contrato público de alumeado de Nadal e afirmou que "estará atenta ao desenvolvemento do novo concurso, posto que xa hai indicios de “encaixes a medida” e outras manobras habituais deste goberno municipal".

vigo

economía

economía