14112019Jue
Última edición: Mié, 13 Nov 2019 8pm

O Castelo de Soutomaior acollerá este xoves unha visita guiada á exposición ‘A moda en detalles’ e unha posterior xornada de reflexión sobre a contribución da moda ao feminismo. Neste percorrido, no que se pretenden tender pontes entre a moda do século XXI e a do século XIX, participarán importantes referentes da moda en Galicia como son a directora do Máster en Deseño e Dirección Creativa Lola Dopico, a deseñadora da empresa D-DUE, Charo Froján, a artista e deseñadora gráfica, Mónica Mura e a comisaria da mostra Natalia Fraguas.

O Castelo de Soutomaior acollerá a partir do día 20 de decembro unha novidosa exposición con pezas do Museo de Pontevedra relacionadas coa moda da época na que María Vinyals viviu. O obxectivo de ‘A moda en detalles: indumentaria e complementos (1870-1925)’ é dinamizar a fortaleza con actividades paralelas que complementen a musealización.

transporte

sucesos

virales