27052019Lun
Última edición: Lun, 27 May 2019 1am

A terceira edición de Vive Nigrán, que se celebrará no antigo campo de fútbol de Lourido (Praia América) os próximos 19 e 20 de xullo, contará nesta edición con Ángel Stanich, unha das referencias da renovación musical, co glitter punk de Hickeys, co desmelene frenético e pop adulterado de Meneo, cos bailables ritmos do dúo Monterrosa e co R&B contemporaneo de Adriana Proenza.

A terceira edición do festival Vive Nigrán, que se celebrará no antigo campo de fútbol de Lourido os próximos 19 e 20 de xullo, contará no seu cartel con Delafé. O dúo de Barcelona achegaralle ao público a súa música sobre o Escenario Mahou nunha ‘Sesión Mediodía Cañero’. Deste xeito, Delafé ofrecerá nesta edición un concerto con algunhas das súas cancións máis emblemáticas e outras do seu último disco, do que xa se puideron escoitar adiantos: ‘La gran ola’ e ‘Menos cabeza, más corazón’. Con estes temas amosan o seu novo son máis electrónico.

A terceira edición de Vive Nigrán, que se celebrará no antigo campo de fútbol de Lourido (Praia América) os próximos 19 e 20 de xullo, contará cos directos de Las Chillers, Los Nastys e Los Vinagres, que se suman aos galegos Novedades Carminha e ao pop electrónico do dúo barcelonés Hidrogenesse, xa anunciados previamente pola organización.

A terceira edición de Vive Nigrán, que se celebrará no antigo campo de fútbol de Lourido (Praia América) os próximos 19 e 20 de xullo, contará cos directo de Novedades Carminha -xa anunciados previamente pola organización- e co pop electrónico do dúo barcelonés Hidrogenesse.

A Deputación de Pontevedra, no marco das accións da campaña de Igualdade que está a estender durante este verán con motivo dos #RíasBaixasFests, entre os que se atopa o Vive Nigrán, convocou no concello do Val Miñor unha reunión informativa na que se presentaron as campañas #Lembraeudecidotirespectas e #Contacomigoeurespectote.

elecciones municipales

incidente

gastronomía

vigo