Ángel Rodal, xunto a 1ª Tenente de Alcalde, María Iglesias, e as concelleira de Deportes, María Jesús Martíns, e Educación, Beatriz González, reuniuse na Alcaldía con Marta Míguez para que coñecera de primeira man os traballos desenrolados durante os últimos anos co apoio da Secretaria Xeral para o Deporte e os futuros proxectos que poderán levar en común.
Tras a reunión, visitaron o Pavillón de Deportes do CEIP Covaterreña, onde levouse a cabo o pasada outono unha profunda reforma para a mellora do pavimento, canalización de augas, pintado e eliminación de humidades. Os traballos realizáronse grazas a un convenio firmado o pasado mes de setembro polo anterior secretarios xeral, José Ramón Lete, e que supuxo un investimento de 48.000 euros.
“A presencia da nova secretaria xeral mostra o seu compromiso co deporte baionés e tamén ven a recoñecer o bo traballo feito e a boa sintonía para alcanzar acordos en favor dos nosos deportistas e tamén dos escolares, que agora xa poden utilizar as instalacións con significativas melloras”, apuntou Ángel Rodal.
A directora do CEIP Covaterreña, Isabel Martínez, e o técnico municipal de Deportes, Javier López, mostraron as instalacións á nova secretaria xeral para o Deporte e tamén a acompañaron na visita ao Pavillón Municipal de Deportes de Baiona.