18112019Lun
Última edición: Dom, 17 Nov 2019 9pm

O Concello, que amplía ata o 24 de marzo o prazo para optar, ten recibido ata o momento 753 solicitudes de alumnado de 3º de ESO para un mínimo de 657 vacantes dispoñibles. De cara ao ano que vén, o obxectivo é cubrir practicamente toda a demanda, polo que o alcalde anunciou un incremento en polo menos cen prazas.

A Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria do 10 de febreiro de 2017 aprobou as "Bases reguladoras e convocatoria para a adxudicación de prazas para a participación no programa municipal de inmersión en lingua inglesa "Vigo en Inglés 2017", dirixidas ao alumnado de 3º de ESO de centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos públicos".

A Xunta de Goberno Local deu luz verde este venres ás bases e convocatoria para a adxudicación das 657 prazas de "Vigo en Inglés" que oferta este ano o Concello para alumnado de 3º da ESO. Segundo recordou Abel Caballero, o goberno de Vigo dispón no 2017 de 749 vacantes deste programa, que inclúe 92 bolsas para estudantes da Escola de Idiomas.

Abel Caballero despediu este mércores no aeroporto de Peinador a dous novos grupos de estudantes que partiron cara ao Reino Unido a aprender o idioma grazas ao programa municipal "Vigo en Inglés 2016".

navidad

vigo