23092019Lun
Última edición: Lun, 23 Sep 2019 1pm

A Vigo Battle of Teams segue a crecer ano tras ano e reunirá do 3 ao 5 de agosto en Samil a un total de 750 deportistas despois de recibir o dobre de inscricións e verse obrigados a deixar equipos fóra malia abrir a cifra de participantes. Cómpre lembrar que a primeira edición trouxo a Vigo a 188 persoas e o 2017 a preto de medio milleiro. Ademais, a competición gaña unha categoría con respecto á última proba e suma así cinco: Intro, Prol, RX, Elite e Máster. Igualmente, incrementa a súa presenza internacional con deportistas procedentes de España, Francia, Bélgica, Andorra, Italia e Portugal.

A Vigo Battle of Teams, terceira edición dunha esixente competición de crossfit, deporte de moda importado de Estados Unidos, celebrarase esta semana, de venres a domingo, no complexo deportivo municipal de Samil. O evento reúne cen equipos e contará con deportistas de varias comunidades autónomas, pero tamén de Francia, Portugal e Andorra.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou a segunda edición do Vigo Battle of teams de crossfit, previsto para esta fin de semana, acompañado polo edil de Deportes, Manel Fernández, e o grupo de organizadores do evento liderado por Gustavo Veloso.

marítima

navidad

movilidad