16112019Sáb
Última edición: Sáb, 16 Nov 2019 8pm

Ao sudeste da provincia de Ourense, cerca da fronteira con Portugal, esténdese Verín, unha vila coñecida polo seu famoso Entroido, que posúe unha parada que merece un especial interese, o Museo Claustro Mercedario.

Os compadres dan o pistoletazo de saída ao tradicional Entroido de Verín que arrinca este xoves tras a primeira saída dos cigarróns. As 00:00 horas, tras as típicas ceas nos restaurantes da localidade, os "compadres" percorrerán, ataviados cos seus característicos chapeus, bigotes e gabardinas, a rúas Montemaior (saída), Praza Maior Cruz, Praza da Mercé, Laureano Peláez, Irmáns Moreno, Deputación, Luís Espada, Lisa e Praza Maior onde, entre o estrondo dos petardos, celebrarán o xuízo e a queima do Maragato. A charanga Támega e a Banda de Gaitas do Concello de Verín serán os responsables de acompañar ao carro do Maragato que conducirá aos compadres polas céntricas rúas de Verín. Tras a queima, a festa rematará na Praza Maior con Disco-Móbil Jorge.

Un total de 57 curtametraxes procedentes de 21 países van ser proxectadas na II edición do FIC Vía XIV de Verín, que dará comezo este sábado e se prolongará ata o vindeiro 10 de decembro. O certame experimenta así un salto cualitativo en relación ao ano pasado, cando se exhibiron 39 curtas de cinco países diferentes.

Os cinco primeiros clasificados da Volta a Galicia chegan á ultima xornada en menos dun minuto. Samuel Blanco (Club Ciclista Rías Baixas) completou con éxito a súa primeira defensa da camisola de líder e a súa principal amenaza pasa a ser o vencedor en Verín. Marcos Jurado (Supermercados Froiz) anotouse en solitario o triunfo parcial e reivindicouse tras perder o maillot amarelo o día anterior. Agora o manchego sitúase segundo a 23” do redondelán Blanco. Dende o 2009 ningún corredor galego se impuxo na xeral final da gran rolda por etapas da súa terra.

Los alcaldes de Vigo y Verín se han reunido este jueves para abordar temas comunes a ambos municipios como el legado del empresario José García Barbón. 

navidad

vigo