16092019Lun
Última edición: Lun, 16 Sep 2019 9am

Se entre os propósitos do ano novo adoita estar o de aprender un idioma, o Centro de Linguas da Universidade de Vigo permite elixir entre sete alternativas diferentes para fornecer os coñecementos lingüísticos: alemán, chinés, español, francés, inglés, italiano e persa. Abertos tanto á comunidade universitaria como á sociedade en xeral, os cursos do segundo cuadrimestre teñen o prazo de matrícula aberto ata o vindeiro día 20 de xaneiro.

A Universidade de Vigo, a fundación viguesa Isla Couto e a Fundación Juana de Vega, de Oleiros, veñen de crear o Observatorio Eólico de Galicia, unha ferramenta de investigación, información, asesoramento e consulta para todas as persoas, empresas e colectivos interesados na enerxía eólica de Galicia.

O ‘Lume-1’, o cuarto satélite deseñado e desenvolvido pola Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo, foi lanzado con éxito ao espazo esta pasada madrugada desde o cosmódromo de Vostochny (Rusia), a bordo do foguete portador Soyuz-2.1a e xunto con outros 25 aparatos fabricados en diferentes países.

O alcalde e o reitor acordaron este martes subscribir un convenio que permitirá reverter na Universidade o importe do IBI que abona ao Concello. Deste xeito, Concello e entidade educativa pactarán as actividades ás que se vai dedicar este importe.

Froito do traballo conxunto desenvolvido polos docentes e investigadores da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo Ana Mejías e Enrique Paz, xunto aos investigadores da empresa Micaton Ergonomics S.L, este luns presentouse, nun acto celebrado no Círculo de Empresarios de Galicia, Handy Gym, a máquina de adestramento máis pequena mundo. Cun peso inferior a un quilogramo e un tamaño de 15 centímetros, Handy Gym baséase na tecnoloxía inercial que potencia o adestramento nos seus dous ciclos: forza concéntrica e excéntrica, que combinadas son empregadas polas e polos profesionais do deporte para potenciar os resultados en tonificación e musculación.

movilidad

sucesos

medio ambiente