16092019Lun
Última edición: Dom, 15 Sep 2019 8pm

Baiona Campus Residencial segue dando pasos. O proxecto impulsado pola Universidade de Vigo e o Concello foi presentado oficialmente e deu a coñecer as súas principais vantaxes, que pasan pola proximidade a Lagoas-Marcosende e o aloxamento barato.

Branca. Moderna. Neutra. Non figurativa... Estes son algúns dos trazos que definen a Oli, a mascota da Universidade de Vigo, que desde este martes conta cun personaxe que a representará e do que o reitor, Manuel Reigosa, asegurou que “espera moito”.

O segundo cuadrimestre está no último tramo, achéganse os exames e coma todos os anos nestas datas a Universidade de Vigo pon en marcha a programación de aperturas especiais das bibliotecas dos tres campus, programación que se estenderá ata o día 7 de xullo. Os novos horarios inclúen as fins de semana, así como aperturas nocturnas que se iniciaron este mesmo luns 29 de abril.

Un ano máis, e xa van cinco, a Competición de Robots da Escola de Enxeñería Industrial volve rachar todas as previsións. Ao longo de toda esta mañá 1000 estudantes de ESO, Bacharelato, FP e Universidade de toda Galicia medíronse nun concurso que ten como finalidade, non só fomentar a creatividade no eido da robótica e a programación, senón que busca fomentar o interese polas disciplinas STEAM entre os mozos e mozas.

O tempo primaveral acompañará para a estrea das primeira actividades do programa Delecer, que organizada a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo.

movilidad

sucesos

medio ambiente