24102019Jue
Última edición: Mié, 23 Oct 2019 9pm

O frenético proceso de cambios ao que está sometida a Bolsa esixe unha permanente actualización de coñecementos e consolidación de capacidades. Neste contexto, a Universidade de Vigo volve lanzar unha nova convocatoria, e xa van dezasete, do seu curso de formación de Introdución á Bolsa, unha actividade na que as e os participantes poderán facerse cunha idea clara de como funciona o mercado.

A catedrática da Área de Dereito Procesual Esther Pillado converteuse na primeira muller en asumir o cargo de valedora universitaria na UVigo. O Claustro elixiuna con 63 votos a favor e un en branco para suceder a Argimiro Rojo, que abandonou o posto por xubilación este verán.

Concello e Universidade de Vigo están a piques de chegar a un acordo para o pago do IBI que a institución académica debe ás arcas municipais. Así o explicou o alcalde logo de manter un encontro co reitor, Manuel Reigosa, e co delegado da Zona Franca, David Regades. Está previsto que a Universidade poida fraccionar os pagos e, unha vez saldada a débeda, que ascende a 6 millóns de euros, poderá recibir os 300.000 euros de subvención que a administración local lle outorga para actividades deportivas, comedores escolares ou transporte.

A música e a natureza son os dous eixos principais da oferta de obradoiros do primeiro cuadrimestre no campus de Vigo. A ideoloxía na música do século XX, os sons máis tradicionais galegos e mesmo o ukelele teñen o seu oco nesta programación, na que tamén a contorna natural ten moita presenza, con cursos de micoloxía, plantas silvestres ou agricultura ecolóxica.

Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, e José Enrique Román, director xeral de Boeing Research & Technology-Europe, asinaron este mércores un convenio de patrocinio para a promoción da formación aeroespacial e as carreiras de enxeñarías. A colaboración abrangue aspectos como a creación dun laboratorio na Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, situada no campus de Ourense, a realización de prácticas do alumnado deste centro na empresa e a creación dun premio para fomentar o talento.

navidad

economía