20032019Mié
Última edición: Mar, 19 Mar 2019 10pm

Este venres presentouse no Concello a nova edición da campaña solidaria "Unha bici, un sorriso" que o Concello desenvolve en colaboración con A Golpe de Pedal desde o ano 2002. Convidouse á cidadanía a doar as bicicletas que non usen para que, unha vez arranxadas e recuperadas, poidan ser entregadas ás familias con nenos polo Nadal.

O goberno vigués impulsa un ano máis esta proposta solidaria, que recolle nos domicilios as bicicletas doadas, son reparadas nos establecementos colaboradores e entregadas polo Concello ás familias con menos recursos. Abel Caballero anima aos vigueses a ceder as bicis que non usen.

O alcalde vigués visitou este luns o parque central de Lavadores, onde se almacenan as bicicletas doadas pola cidadanía dentro desta iniciativa. Establecementos colaboradores as reparan para logo doalas a familias que o precisen. Cada ano se entregan unhas setenta bicis, segundo revelou Caballero.

O programa solidario impulsado pola asociación A Golpe de Pedal e o Concello recolle bicicletas en desuso que se poñen a punto para seren entregadas a familias con poucos recursos. Funciona todo o ano pero no Nadal faise unha entrega especial.

A tua compañía de auga en Vigo

barrio do cura

vigo

sanidad

galardones