10122019Mar
Última edición: Mar, 10 Dic 2019 4pm

A Deputación de Pontevedra intensificará neste novo ano 2018 a súa aposta polo turismo sostible, de calidade e desestacionalizador ao abeiro do Plan Estratéxico de Turismo. De feito, a institución provincial xa anunciou a creación produtos específicos e medidas de apoio á comercialización.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu a coñecer os datos definitivos da ocupación hoteleira durante o pasado mes de decembro e a fin de semana de fin de ano.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, fixo este venres balance do ano en Vigo acompañada do delegado territorial da Xunta nesta cidade, Ignacio López-Chaves. A responsable das políticas turísticas do Goberno autonómico salientou que os datos de 2017 amosan que Galicia “é un destino que sabe crecer” dun xeito sustentable. Neste sentido, indicou que o crecemento foi más intenso fóra da tempada estival, afondando no proceso de desestacionalización co que a cifra de viaxeiros repártese ao longo do ano.

A ocupación hoteleira durante a pasada ponte de decembro foi do 50% nas Rías Baixas, segundo informou a Deputación de Pontevedra. Malia o temporal, rexistráronse niveles superiores aos de 2016, concretamente dez puntos por riba que o mesmo período do ano anterior, cando a ocupación hoteleira fora do 40%.

O ente turístico da Deputación de Pontevedra estima que as Rías Baixas contarán cunha ocupación media do 64% durante a ponte de decembro que comeza este mércores. As estimacións medias provinciais, que manteñen a tendencia alcista rexistrada ao longo de todo este ano 2017, supoñen ata 24 puntos por riba do estimado na mesma ponte do 2016, cando se agardaba un 40% de ocupación.

medio ambiente

tráfico

espectáculos