14122019Sáb
Última edición: Sáb, 14 Dic 2019 11am

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, informou este venres das estimacións de Turismo Rías Baixas para esta Semana Santa e confirmou “unha previsión de ocupación hoteleira media na provincia de Pontevedra de arredor do 62%”. Na súa intervención, Silva explicou que “son datos moi prudentes por dous motivos, pola inestabilidade meteorolóxica e tamén porque, tal como nos sinalan os establecementos cos que colaboramos para recoller datos, as reservas aínda se están a producir estes días”.

A directora de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, e a de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentaron este mércores ás axencias de viaxes e operadores turísticos o novo sistema de autorizacións para o acceso ás Illas Cíes co fin de darlle a maior difusión posible entre os visitantes interesados en viaxar ao Parque Nacional durante esta Semana Santa.

Turismo Rías Baixas congregou no Teatro Rialto, en plena Gran Vía madrileña, a centos de persoas que acudiron para coñecer, de primeira man, os atractivos turísticos da provincia de Pontevedra. Así, un nutrido grupo de touroperadores, coñecidos xornalistas de medios nacionais xeneralistas e especializados, blogueiros ou ‘influencers’ coñeceron as múltiples “historias” que ofrece este ano o destino.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou este venres a campaña de promoción turística das Rías Baixas en Madrid que arranca o vindeiro martes, 20 de marzo ás 19.30, no Teatro Rialto cunha presentación de destino na que a vista, o oído, o olfato e o gusto van permitir trasladar ao público ata a provincia de Pontevedra.

O ano 2018, con soamente dous meses pechados, semella que está no camiño de superar o récord turístico acadado o pasado ano. Así, a Deputación de Pontevedra, a través de Turismo Rías Baixas vén de confirmar que os establecementos hoteleiros, pese a estar pechados o 30% nestas datas, tiveron en febreiro un 36,4% de ocupación mentres que o mesmo mes do 2017 tiña acadado o 33%.

medio ambiente

marítima

navidad