13112019Mié
Última edición: Mié, 13 Nov 2019 1pm

O Concello e a Asociación de Hoteles de Vigo, Ahosvi, veñen de lanzar de xeito conxunto ‘Vigo Experience’, unha aplicación de móbil que mostra aos visitantes toda a oferta de lecer da cidade dunha forma sinxela e atractiva, así como os seus puntos de interese, rutas, servizos e cupóns desconto dos comercios, entre outras cousas.

A provincia de Pontevedra recibiu o 30 por cento das visitas totais que rexistrou Galicia no primeiro trimestre do ano, tal e como recollen os datos recentemente publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE). Segundo estas cifras, entre xaneiro e marzo pasaron pola comunidade 598.400 persoas, 37.500 máis que o mesmo período do ano pasado, e 178.000 aloxáronse na provincia.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, informou este venres das estimacións de Turismo Rías Baixas para esta Semana Santa e confirmou “unha previsión de ocupación hoteleira media na provincia de Pontevedra de arredor do 62%”. Na súa intervención, Silva explicou que “son datos moi prudentes por dous motivos, pola inestabilidade meteorolóxica e tamén porque, tal como nos sinalan os establecementos cos que colaboramos para recoller datos, as reservas aínda se están a producir estes días”.

A directora de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, e a de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentaron este mércores ás axencias de viaxes e operadores turísticos o novo sistema de autorizacións para o acceso ás Illas Cíes co fin de darlle a maior difusión posible entre os visitantes interesados en viaxar ao Parque Nacional durante esta Semana Santa.

Turismo Rías Baixas congregou no Teatro Rialto, en plena Gran Vía madrileña, a centos de persoas que acudiron para coñecer, de primeira man, os atractivos turísticos da provincia de Pontevedra. Así, un nutrido grupo de touroperadores, coñecidos xornalistas de medios nacionais xeneralistas e especializados, blogueiros ou ‘influencers’ coñeceron as múltiples “historias” que ofrece este ano o destino.

virales

navidad

mar